Que é funil.gal? facebook_icono.pngsimbolo-youtube.pngicono_twitter.png

 

funil.gal procura dotar a lingua galega de novas ferramentas multimedia para o ámbito científico. O funil utilízase no laboratorio para trasfegar líquidos dun recipiente para outro. Neste proxecto preténdese transmitir coñecemento e destrezas pero tamén actitudes e valores. A elección do nome é un símbolo: unha xeración de estudantes identifica esta peza co termo en galego. Rapazas e rapaces que aprenderon química no ensino obrigatorio en galego utilizan funil indistintamente en galego e en castelán.

As ferramentas sobre as que constrúe o funil.gal son basicamente dúas: un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos onde se visualizan dun xeito ameno os procedementos, as técnicas e o desenvolvemento práctico no laboratorio de química xeral.

O grupo CienciaNOSA está formado polos docentes que elaboramos funil.gal, os cales temos unha ampla experiencia tanto no ensino da química -incluído o laboratorio químico- como da difusión científica e tamén da promoción da lingua galega:

Manuel R. Bermejo Patiño (catedrático USC)
M. Isabel Fernández García (catedrática USC)
Beatriz Fernández Fernández (directora IES Ánxel Fole)
M. Inés García Seijo (directora IES Monte Castelo)
Esther Gómez Fórneas (catedrática escola universitaria USC)
Ana González Noya (profesora titular USC)
Marcelino Maneiro Maneiro (profesor titular USC)
Rosa Pedrido Castiñeiras (profesora titular USC)
Laura Rodríguez Silva (profesora contratada USC)
María José Romero Castro (investigadora posdoutoral USC)
Manuel Vicente García (director Efervesciencia)

Revisión lingüística deste proxecto funil.gal: Xusto Alexandre Rodríguez Río (Área de Terminoloxía da USC)

 

 

Rendición de contas

No seguinte arquivo detállanse ingresos e gastos para a realización do proxecto funil.gal.

2015 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos